O espazo Tics xurde da necesidade de atopar un espazo de formación onde poder desenrolar o meu labor docente e o mesmo tempo continuar e ampliar a miña formación e disfrutar das disciplinas artísticas relacionadas co corpo, co movemento, as artes.
Un espazo cunha ideoloxía moi particular
Un eixos tranversal espazo educación na igualdade, respeto os demais, coidado do corpo, mente saude, respeto polo planeta, reciclaxe… polo planeta…
Mentes e corpos abertos con ferramentas que melloran o movemento e a vida, que non se adican a copiar e reproducir querendo ser outros, senon encontrando o movemento personal encontrar as cualidades personais e desenrolalas, interntar ser mais felices y capaces de todo non a última moda pasaxeira, baleira de contidos onde o importante é a forma exterior e as músicas comerciais.
Procuramos disciplinas e ensinanzas con contido é tecnica, traballo e coñecemento profundo do corpo. Non pasan de moda, non son pasaxeiras e sobre todo efectivas e saudables.
Grupos de 15 personas maximo para todas as idades
tics
«Hay atajos para la felicidad, y el baile es uno de ellos.»
– Viki Baun
Disciplinas
Ballet Clásico (+18 anos) - Aulas presencial e Online
O ballet clásico é unha disciplina que non necesariamente ten que ser realizada para ser bailarín ou para bailar nun escenario. Nunca é tarde para iniciarse ou para retomar as aulas se xa o practicaches na infancia. É un traballo ideal para poñerse en forma ó mesmo tempo que realizas unha actividade artística, creativa e estimulante. O Ballet Clásico ó caracterizarse por un conxunto de movementos, liñas e formas baseadas principalmente no uso de movementos periféricos, que consegue darlle os corpos unha sensación de lixeireza. O aliñamento corporal, a amplitude articular, o alongamento da columna vertebral, o equilibrio e rotación externa das pernas (en dehors), son algúns dos elementos que caracterizan esta disciplina practicada durante máis de tres séculos. É por iso que a técnica de danza clásica utilízase como base para case todo o traballo artístico do corpo, xa que proporciona un recoñecemento e dominio do corpo moi precisos.
Nas aulas búscase unha constante evolución dos exercicios adaptada a tódolos niveis. Melloraremos a flexibilidade, a postura corporal, a coordinación, o ritmo, equilibrio,a forza e potencia de cada alumn@, melloraremos a nosa forma física e a nosa figura, dotaremos de maior elegancia ós nosos movementos; sen esquecer con isto, outros obxectivos moi importantes en calquera ensinanza artística, como descubrir o pracer de bailar, mellorar a autonomía e a auto disciplina persoal, sociabilizar con outras persoas de gustos similares, desenvolver a creatividade e sobre todo, a capacidade de traballar o corpo con disciplina e diversión.
Ballet Mantemento (+ 18 anos)
O ballet clásico é unha disciplina ideal para poñerse en forma. Nunca é tarde para aproveitar os beneficios da súa práctica nos nosos corpos. Alonga, tonifica, estiliza e mellora o teu corpo nunca clase coa música, técnica, postura e consciencia corporal coa que se traballa no ballet clásico. Nas aulas con exercicios adaptados a tódolos niveis melloraremos a flexibilidade, a postura corporal, a coordinación, a forza,potencia , o ritmo, equilibrio…, melloraremos a nosa forma física e a nosa figura, dotaremos de maior elegancia ós nosos movementos; sen esquecer con isto, outros obxectivos moi importantes como mellorar a autonomía e a auto disciplina persoal, socializar con outras persoas de gustos similares e sobre todo, a capacidade de traballar o corpo con disciplina e diversión. Ponte en forma co Ballet Clásico
Puntas Iniciación (+12 anos)
Aulas adicadas o estudo dos elementos básicos correspondentes ao nivel de iniciación na técnica de puntas. Non hai límite de idade para asistir á este curso, pero si é necesario ter alcanzado un nivel básico/intermedio de coñecemento e práctica do ballet clásico. Para un correcto aprendizaxe desta técnica é necesario fortalecer ben todos os músculos do centro e das perna e desenvolver un control propioceptivo adecuado, para facilitar o correcto aliñamento e uso da punta. Realizaremos exercicios específicos de preparación física, rutinas de auto-fortalecemento corporal, exercicios de puntas na barra e progresivamente no centro até conseguir realizar unha clase completa de ballet en puntas. Bailar en puntas pode ser unha meta para un estudante de ballet clásico ou pode servir tamén como adestramento para a mellora doutras técnicas ou unha forma diferente de facer exercicio, xa que, é un bo traballo de dedos, fortalecemento de pés é pernas, traballo da rotación (en dehors), alongamento da columna vertebral na procura dunha maior elevación do seu centro…
Claqué (6 a 11 anos) /(12 a 18 anos)/ (+18 anos)
O claqué, tamén denominado tap dance, é unha danza percusiva que nos convirte en instrumentos musicais a través do movemento. Ten a súa orixe na fusión das danzas de zocos de Irlanda, o norte de Inglaterra e Escocia, combinadas coas danzas practicadas polos afroamericanos dos séculos XVII e XVIII. É unha práctica ideal para desenvolver a psicomotricidade, o ritmo, a coordinación e facer exercicio a través da expresión e dunha forte inmersión na música. O claqué desconéctate da rutina e leva a túa cabeza a outro estado.
No curso aprenderemos os movementos e combinacións básicas, faremos xogos de
coordinación, percusión corporal e sobre todo bailaremos e o faremos non só cos pés, con todo o corpo e diferentes tipos de músicas dende o swing, jazz, funk, soul,…Desconectar o intelecto, gozar e aprender con ritmo e humor.
Ioga (+ 18 anos)
O ioga é unha práctica física e espiritual que conecta o corpo, a respiración e a mente, o mesmo tempo que reduce o estrés e mellora a autoestima. A través das posturas (asanas) e transicións, traballamos para aumentar a nosa enerxía, reducir a fatiga, mellorar a saúde en xeral e polo tanto incrementar a nosa satisfacción coa vida. O que máis nos gusta do ioga son os seus principios de autocuidado e o cariño co que aprendemos a tratarnos a nós mesmos, como aprendemos a escoitar o noso propio corpo e valorar as pequenas sensacións e cada unha das nosas melloras.
Sobre as sesións:
As clases serán unha combinación de ioga dinamico e vinyasa con posturas de hatha e ashtanga flow. Pero tamén haberá clases compostas únicamente de Yin Ioga e Ioga restaurativo en función das enerxías do grupo nese momento.
O tipo de clase que se plantexa e unha práctica de ioga dinámica, fluida e vigorosa que una a respiración co movemento a través da combinación de secuencias variadas de posturas que xeneran calor dentro do corpo, pero tamén do fluir de cada persoa coa su forma física e casuística persoal. O ioga non é algo que teña que ser dunha maneira ou doutra, todo está ben, sempre que se respete unha aliñación do corpo e da estructura corporal. Todo o demás, é a forma que ti mesmo lle queras dar.
Por iso, o modelo de Vinyasa con progresión e continuidade entre as asanas, é o que máis nos gusta para compartir contigo. Ademáis, cada un pode avanzar ao seu propio ritmo, con múltiples opción para entrar ou desenrolar as posturas e transicións.
E xa por último e non por iso menos importante, tamén se traballarán as respiracións ou pranayamas (restaurativas, revitalizantes, calmantes..) e se finalizará sempre con unha pequeña meditación; en ocasións guiada e en outras, de forma totalmente persoal e introspectiva.
Esperamos de corazón que che guste.
Namaste.
Repertório contemporáneo e composición coreográfica
Espazo de danza contemporánea adicado a coñecer, interpretar e executar obras de referencia da danza moderna e contemporánea. Unha forma de inmersión na historia da danza, coñecendo a variedade de formas e estilos de movemento, creación e composición, personaxes, creadores e intérpretes, tendencias, características interpretativas, aspectos musicais…Traballaremos as características estéticas, estilísticas e técnicas particulares das diferentes correntes e experimentaremos e aplicaremos diferentes técnicas de creación, improvisación e composición.Goza da práctica da danza e da riqueza e diversidade do seu repertorio contemporáneo, sempre dende o respecto á tradición e ás perspectivas da evolución da danza!
Hipopresivos
Sistema vanguardista de adestramento baseado na técnica hipopresiva, o stretching miofascial e a reeducación postural e respiratoria. Disciplina encamiñado a devolver ó diafragma torácico e ó chan pélvico á súa disposición natural, xa que se temos unha postura correcta e un diafragma sen tensión, vaise reducir a presión torácico-abdominal-pélvica para que ao longo da actividade cotiá, o espazo manométrico abdominal non sufra de hiperpresión. O obxectivo principal desta técnica é a mellora e reeducación postural, mellora respiratoria, recuperación do chan pélvico, redución do perímetro da cintura e función sexual. Ademáis de tonificar a musculatura abdomino-perineal, rebaixar a ansiedade e a tensión, reducir o perímetro abdominal, evitar ou mellorar prolapsos (desprazamentos de órganos), pubalxias, lumbalxias e incontinencia urinaria, fortalecer o chan pélvico en post-parto… Indicado para persoas de tódalas idades, para prever ou mellorar lesións, a calidade de movemento e/ou rendemento físico.
O obxectivo principal é a mellora e reeducación postural, mellora respiratoria, recuperación do chan pélvico, redución do perímetro da cintura e función sexual.
Pilates (+18 anos)
O método PILATES é un sistema de adestramento físico e mental que auna o dinamismo e a forza muscular co control da mente, da respiración, equilibrio, centro e da relaxación. Céntrase no uso da mente para controlar o corpo, sempre a procura do equilibrio e unidade entre ambos, no desenvolvemento dos músculos internos para manter o equilibrio corporal e dar estabilidade e firmeza á columna vertebral….Nas aulas faremos uso de elementos adicionais como aro, banda elástica, mancuernas, bloque e fitball para mellorar, adaptar e completar o noso entrenamento.Indicado para persoas de tódalas idades, para prever ou mellorar lesións, a calidade de movemento e/ou rendemento físico.
Preparación física (+18 anos)
Aulas adicadas á mellora das condicións físicas con diferentes rutinas de exercicios co obxectivo de realizar un traballo completo, consciente e divertido para os nosos corpos, sempre en conexión coas nosas mentes, atentas e relaxadas. Para conseguir un estilo de vida saudable, xunto cunha boa dieta é moi importante realizar de forma regular exercicio físico. Un bo adestramento físico ten múltiples beneficios: Mellora a nosa forza e a resistencia física, queima calorías, corrixe a nosa postura corporal, evita lesións, apórtanos unha boa forma física e sobre todo fainos a sentir máis relaxados e mellor con nós mesmos. Realizaremos diferentes tipos de adestramento: funcional (para traballar a forza, velocidade e resistencia, axilidade, estabilidade, mobilidade e coordinación), resistencia ou aeróbico (axuda a construír enerxía e fortalecer as funcións cardiovasculares, queimar calorías e aumentar o metabolismo), de forza (para rexeneran os músculos e ter un corpo máis tonificados), estiramentos,… Adaptado a todas as idades e condicións físicas. Un agasallo para o corpo!
Estiramentos, auto-masaxe e relax
Espazo para persoas de tódalas idades e condicións físicas adicado a coñecer, tratar, coidar e relaxar os nosos corpos para manter a nosa mobilidade nas mellores condicións, aumentar a flexibilidade e o alcance das nosas articulacións, adquirir coñecemento sobre a auto-masaxe e mellorar na súa aplicación e na sensibilidade manual, mellorar a nosa conciencia corporal e coordinación do noso sistema neuromuscular… Os estiramentos permiten manter un adecuado equilibrio no noso corpo entre os diferentes sistemas de músculos, articulacións, fascias e tecido nervioso, facilitando unha mellor coordinación dos movementos e reducindo a sensación de sobrecarga. Sempre son necesarios, se non es deportista, precisas do estiramento para mellorar a túa flexibilidade e o movemento articular e manter unha boa forma física durante máis tempo e se practicas deporte de forma regular, os estiramentos reducirán o teu risco de lesións. Cos estiramentos axudamos a mellorar a nosa postura corporal, aumentar a forza muscular e mellorar o rendemento deportivo, a aumentar a temperatura dos músculos e o fluxo sanguíneo, a reducir a dor nas articulacións e nos músculos causada polo deporte ou actividades da vida cotiá, a promover un maior rango de movemento e maior flexibilidade dos músculos e a reducir a probabilidade de lesións que nos permitirá poder gozar dun benestar físico durante máis tempo nas nosas vidas.
Nas aulas traballaremos automasaxes por fricción, rozamento, amasado e vibracións, varias formas de relaxacións e os diferentes tipos de estiramentos (estáticos activos, pasivos e isométricos, dinámicos, balísticos e PNF (Facilitación Neuromuscular Propioceptiva).
tics
Prefieres hacer las clases en línea?
Regístrate en nuestra aula virtual por tan sólo XX€ mensuales y disfruta de nuestras disciplinas 24/7.
¡7 días de prueba totalmente gratis!